O Pavillón Deportivo de Dodro centra este mércores as actividades relacionadas coa visita dos Reis Magos

05 Xaneiro 2022

O Pavillón Deportivo Municipal de Dodro é este mércores 5 de xaneiro o epicentro da actividade abeirada á visita dos Reis Magos ao termo municipal. A actividade focalizarase alí a partir das 17.00 horas, co fin de ofrecer un acubillo contra as inclemencias do tempo ao mesmo tempo que se garante, polas dimensións e estrutura do inmóbel, a seguridade sanitaria de todas as persoas que acudan á recepción das Súas Maxestades.

Segundo confirmou o Concello, o programa vai máis alá dunha simple estadía de Melchor, Gaspar e Baltasar: haberá animación musical, mascotas infantís, malabares, agasallos, lambetadas e chocolate con churros.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.