“O palangre venderá marraxo” – Antón Luaces

24 Xaneiro 2022

Unha perda de máis de dous millóns de euros en tan só os primeiros quince días do ano 2022 é un prexuízo económico que non pode asumir o sector pesqueiro e que, por mor da descoordinación que existe no seo do Goberno de España, é a “marca España” neste eido nos últimos tres anos. Organizacións de produtores galegas como Orpagu (A Guarda), Opnapa (Vigo), OPP 7 (Burela) e Opromar (Marín), albiscan un futuro aínda peor có destes tres anos tendo en conta que a estas alturas do ano se descoñecen os cupos CITES -que oficialmente deberían estar anunciados o 1 deste mes-, que a operativa administrativa para os expedir agora que a xestión depende do Ministerio de Transición Ecolóxica e non de Comercio, como acontecía anteriormente, resulta descoñecida e que as propias organizacións carecen da seguridade xurídica que lles corresponde por careceren de respostas a toda esta situación.

É máis: capturas de marraxo dentuso realizadas en decembro pasado en augas do Pacífico, o Índico e outras zonas nas que é posible a captura desta especie, permanecen bloqueadas en porto por non posuír o obrigado certificado CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres). Eses dous millóns de euros que na práctica se dan por perdidos corresponden ás capturas que hai a bordo e o que estes buques deixaron de pescar ata o de agora: ao non poder anotalo no diario de pesca, os patróns cavilan na posibilidade de proceder a descartes guindando ao mar peixe de gran valor, segundo informou o xerente da Organización de Produtores de Burela, Sergio López.

O sector demanda solucións inmediatas. O problema conduce ao peche de empresas por unha restrición, sinalan as citadas organizacións, que non debería existir de se ter xestionado correctamente a pesca e a comercialización do marraxo.

A Unión Europea xa censurou o veto de España á venda de 90.000 quilos de marraxo dentuso capturado o ano pasado por barcos espadeiros con autorización da UE e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e que foron retidos en buques conxeladores porque a súa comercialización foi impedida polo devandito Ministerio para a Transición Ecolóxica, unha decisión “arbitraria e contraria ao ordenamento xurídico”, segundo concluíu un informe que asina o profesor de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago, Luis Míguez Macho. Esta universidade e a Consellería do Mar foron as que encargaron tal informe xurídico que, en boa medida, outorga a cinco espadeiros burelenses o seu dereito a reclamar ao Estado español 205.000 euros por responsabilidade patrimonial.
Todo isto para que agora a Secretaría de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, anuncie que vai repartir cupos para que a frota palangreira poda vender marraxo.

Como xa é coñecido, existe a prohibición por parte da ICCAT de capturar esta especie no Atlántico norte, polo que a frota da por perdido este caladoiro polo menos este ano; pero sí pode facelo noutros océanos. É o motivo fundamental polo que a Secretaría de Pesca anunciou, como diciamos, un reparto das cotas para poderen vender o marraxo de xeito global, mentres outras frotas capturar esa mesma variedade diante da impotencia dos armadores e as organizacións que os representan e que, segundo denuncian, “ven sistematicamente desatendidas a súas peticións urxentes”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...