As catro organizacións de produtores representativas do palangre de superficie ( OP7 BURELA, OPROMAR, OPNAPA e ORPAGU) consideran “totalmente descoordinada e gravemente deficiente” a xestión do Goberno español en relación ao marraxo desde 2020.
Os prodcutores denuncian problemas administrativos e sinalan que “a falta de decisións a nivel interministerial, que xa supuxeron importantes prexuízos económicos para o sector, poderían supoñer perdas de máis de dous millóns de euros neste 2022”.
“A xestión descoordinada das administracións competentes (Pesca, Comercio e Transición Ecolóxica), que se limitan a culparse mutuamente da situación, podía ser comprensible o primeiro ano de aplicación dos certificados CITES (2020), pero o escenario volveu repetir en 2021 e a 2022 ameaza cun panorama aínda peor”, apuntan.
