O Espazo Xove de Noia participa na elaboración da axenda anual de actividades da rede provincial

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo este 20 de xaneiro unha reunión de traballo cos responsábeis do Espazo Xove da provincia da Coruña, situados nos concellos de Curtis, Noia, Pontedeume, Betanzos e Carballo. A xuntanza veu motivada con vistas a elaborar a programación anual de actividades, na que se combinarán diferentes propostas formativas e de ocio e lecer educativo e de interese para as mozas e mozos da zona.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, trasladou “a importante oportunidade que se abre, con motivo do Ano Europeo de Xuventude que se celebra neste 2022”, para “seguir mellorando os recursos, instrumentos e información ao servizo da mocidade”. Trátase, engadiu, “dunha tarefa de dinamización na que os diferentes espazos xoves repartidos por toda Galicia xogan un papel fundamental”.

Betanzos. A Coruña A directora xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, manterá unha reunión para ultimar a programación do 2022 nos Espazos Xoves da Coruña. 20/12/2021 Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña