O Concello de Ribeira adxudicou actuacións en 2021 por valor de once millóns de euros

06 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira comezou o ano compartindo un balance dos proxectos iniciados, asinados ou levados a cabo en 2021, no que adxudicou actuacións por valor de 10.923.368,78 euros. Este traballo realizado, explicaron fontes do Goberno local, “reafirma o municipio como un dos máis inversores en obra pública de toda a xeografía galega”.

Os diversos procedementos de contratación impulsados traducíronse nun total de 71 expedientes adxudicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.

A construción do Auditorio Municipal (3.977.964,69 €, financiada con fondos propios, fondos europeos FEDER e a Xunta de Galicia) e os servizos de explotación e mantemento durante tres anos das depuradoras de Couso e Corrubedo (3.368.919,15 €) foron as adxudicacións cun importe máis elevado.

Entre as contratacións figuran tamén outras iniciativas coa mesma vocación de servir á cidadanía de todo o municipio como o novo apeadoiro da estación de autobuses (284.707,00 €), a implementación de melloras en Administración Electrónica (283.633,32 €) ou a redacción dos tres plans para o futuro polígono industrial (proxecto de expropiación, servizos arqueolóxicos e proxecto de urbanización) por un montante global de 199.526,58 euros.

Xa cunha menor contía inclúese a contratación da roza dos camiños públicos (13.161,17 €) como complemento ao traballo da brigada municipal, ou a recente instalación de novos puntos de luz de 37 lugares do municipio para reforzar a rede de iluminación exterior (39.997,61 €).

Respecto do traballo realizado nas parroquias, o Concello destaca que máis dun millón e medio de euros (en concreto, 1.531.023,66 €) estiveron destinados a melloras nos servizos e infraestruturas nas oito parroquias do municipio distintas á capital Santa Uxía. Trátase de 38 actuacións como a última fase do Centro Social de Carreira, retomada hai dúas semanas; a instalación de saneamento en Agrelo, o parque infantil do Colexio de Artes, a pavimentación da estrada de Bretal a Reiriz en Olveira, a renovación de servizos na rúa do Vilar en Palmeira, a renovación da rede de abastecemento na Mámoa (Carreira), a segunda fase da dotación de beirarrúas e pluviais na Ameixida (Castiñeiras), o acondicionamento do entorno do Conservatorio de Aguiño, a segunda fase das beirarrúas en Gándara (Oleiros), a pavimentación dun camiño en Sego (Artes), a renovación de servizos na rúa das Américas (Aguiño), a pavimentación dun camiño na Gándara (Artes), a renovación de servizos no Falcato (Corrubedo) ou a renovación da liña de abastecemento nun tramo da estrada DP-7305 ao seu paso por Carreira, entre moitas outras.

No que se refire á cidade de Santa Uxía, o Goberno local salienta 13 intervencións similares como a renovación de servizos e pavimentación na avenida da Coruña, a pavimentación con plataforma única de Romero Ortiz, a pavimentación da praza da Amarella, a renovación de luminarias nas rúas de Lugo, Rosalía de Castro e Galicia; a instalación de pluviais nun camiño de Deán Grande, a ampliación da rede de auga potable na rúa Agro da Area, o subministro de madeira e parafusos para a renovación do paseo de Coroso ou a renovación da liña xeral de abastecemento no parque García Bayón. Suman un total de 617.936,47 euros.

Consonte co anterior, o investimento por habitante en obras nas parroquias ascende a 113,40 euros/habitante, mentres que en Santa Uxía de Ribeira é de 45,77 euros/habitante.

Unha vista das obras do novo Auditorio Municipal

Outros artigos

Ribeira volverá gozar da música ao abeiro da Aula Galega deSaxofón

A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música "Enrique Paisal" neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.