O Concello de Boiro insiste ante a Xunta na necesidade de dotar ao municipio dunha residencia da terceira idade

17 Xaneiro 2022

O Concello de Boiro reafirmou ante a Xunta a necesidade de contar cunha residencia da terceira idade. Así llo comunicou o alcalde, José Ramón Romero, á conselleira de Política Social, Fabiola García, á vez que lle indicou que os terreos de Boiro seguen estando a disposición do Goberno galego para a construción do inmóbel.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, nunha xuntanza de traballo por vídeo-conferencia

O rexedor mostrou a súa decepción coa Xunta polo que considera un exemplo de discriminación con respecto a outros concellos da nosa contorna: “No mes de agosto rexeitaron a construción dunha residencia en Boiro alegando que preferían sempre rehabilitar un edificio antigo que construír un novo. Agora vimos de saber que finalmente se vai tirar o edificio de Ribeira para construír un novo”, afirmou o alcalde, engadindo que “O Barbanza precisa aumentar as prazas públicas en residencias da terceira idade e a veciñanza de Boiro leva anos reivindicando este servizo. Nos últimos dous anos o Goberno local traballou para lograr que se faga en Boiro unha residencia de maiores, poñendo a disposición da Xunta os terreos e recollendo nos presupostos municipais unha partida específica para a redacción do proxecto”.

E rematou: “Lamento moito que a Xunta non contemple Boiro e que deixe de lado as peticións dos veciños e veciñas. Ribeira precisa dunha residencia pero Boiro tamén e non imos deixar de traballar para logralo, sexa co apoio da Xunta de Galicia ou sen el”, afirmou o alcalde

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.