O Concello de Boiro e a Consellería de Sanidade mellorarán o servizo do Centro de Saúde

19 Xaneiro 2022


O Concello de Boiro e a Consellería de Sanidade veñen de sentar os alicerces para mellorar de xeito conxunto o servizo e atención no Centro de Saúde da vila. O alcalde, José Ramón Romero, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, á que tamén asistiron o concelleiro Carlos Muñiz, a xerente da área sanitaria Santiago-Barbanza, Eloína Núñez, e a directora xeral de Recursos Económicos do SERGAS, María Jesús Piñeiro Bello.
Na reunión o alcalde transmitiu ao conselleiro unha serie de demandas e necesidades para mellorar o servizo e atención que se presta aos pacientes, entre as que se atopa a dotación dunha sala de radioloxía e tamén a posta en marcha dun ecógrafo.

Dende a Consellería comprometéronse a realizar unha valoración da necesidade deses servizos en Boiro e de que “sexan preferentes para a veciñanza do municipio”. O conselleiro comprometeuse tamén a habilitar un circuíto para axilizar as probas diagnósticas que se realizan no Hospital do Barbanza.

Durante a xuntanza Romero e Comesaña realizaron tamén unha análise da infraestrutura do Centro de Saúde de Boiro e da reorganización que se pretende levar a cabo coa zona de administración para gañar espazos hábiles de atención. “O traballo entre as dúas administracións é fundamental para mellorar as infraestruturas do inmóbel e tamén o servizo que dende este se empresta á veciñanza”, afirmou o alcalde.

O alcalde transmitiu tamén ao conselleiro as demandas da veciñanza sobre as dificultades de contacto co Centro de Saúde vía telefónica. Neste senso, o persoal técnico do SERGAS presentou ao rexedor o traballo de reorganización administrativa e a implantación do sistema CRM100, que se está a implementar nos centros de saúde para mellorar a relación cos cidadáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.