O Concello da Pobra aplica provisionalmente o sentido único de circulación entre Portocarro e A Crocha de Poñente

27 Xaneiro 2022

No 1 de febreiro entrará en vigor o sentido único de circulación na dirección Portocarro-A Crocha de
Poñente. O Concello da Pobra do Caramiñal pretende con esta medida buscar a mellor solución posible ao problema de fluidez do tráfico rodado existente na rúa que une os lugares indicados por mor da estreiteza da vía. Este cambio provisional será notificado á veciñanza da zona e procederase coa colocación de sinalización circunstancial, previo informe da Policía local, segundo expuxo o concelleiro da Seguridade, José Andrés Lojo (Nós Pobra).
Neste senso, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), indicou que se trata de mellorar o tráfico ademais da “seguridade viaria e que o tránsito peonil tamén poida estar garantizado en circunstancias de máxima seguridade.”
As veciñas e veciños disporán ata o 25 de febreiro para traslada-lo seu nivel de conformidade e observacións no cuestionario adxunto á notificación enviada, que poderá ser entregado mediante o enderezo electrónico alcaldia@apobra.gal ou presencialmente no primeiro andar da casa consistorial.
Procurarase, deste xeito, tomar unha decisión final conxunta e co maior consenso posible entre a cidadanía e a Administración local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.