O BNG de Ribeira solicita unha reunión no Concello para tratar a situación do tráfico

04 Xaneiro 2022

O BNG de Ribeira anunciou este 4 de xaneiro que vai pedir ao Concello unha xuntanza para dar pasos na solución dos problemas de tráfico e de estacionamento na cidade. Os nacionalistas consideran que é urxente avanzar en colaboración nestes eidos, e máis tendo en conta que “oito meses despois da celebración da Mesa de Peonalización do pasado mes de abril, na que se trataron asuntos ligados ás rúas peonís e ao tráfico rodado, o Goberno local non fixo nada do que se falou na sesión”, denuncian. Amais, critican que o Concello “evita reunir novamente este órgano decisorio malia existir peticións como a realizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira ou as diversas peticións formuladas polo BNG”.

Segundo explicou o concelleiro, Luís Pérez Barral, “non son poucos os asuntos que se deberían tratar, a comezar polo caos circulatorio que o propio goberno local provocou por realizar obras sen unha axeitada planificación e por carecer dunha estratexia a longo prazo que permita avanzar na ordenación das rúas peonís e mellorar os aparcadoiros disuasorios que hai no centro urbano”.

O BNG engade que Ribeira “carece dun plan de transporte público” e critica que o Goberno local evite avanzar na remunicipalización do estacionamento do Centenario para garantir que haxa estacionamentos suficientes a un prezo razoábel e que non se avance na peonalización de novas rúas.

No Bloque tamén cren que é “prioritario” cumprir co acordo ao que se chegou cos comerciantes da rúa Rosalía de Castro para “realizar a reforma dunha soa vez” pero critican que “o rexedor incumpriu de maneira descarada, ordenar os accesos e as cargas e descargas nas rúas peonís, aumentar e mellorar a sinalización dos aparcadoiros públicos, crear camiños escolares seguros e avanzar no calmado do tráfico”.

Xestión pública do Centenario

Pérez Barral tamén se referiu á situación do aparcadoiro do Centenario para criticar unha política do Concello que cualificou de “privatizadora” e que trouxo consigo, na súa opinión, “un encarecemento nos prezos e un caos na xestión”. O concelleiro nacionalista remarcou que o BNG oporase a unha posíbel nova privatización e defenderá a xestión pública do Centenario para “poder poñelo a disposición da veciñanza con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que merquen no comercio local”. Esta medida, finalizou Pérez Barral, “permitiría axudar ao comercio local a mellorar as súas vendas e tamén se aumentaría o número de estacionamentos públicos, algo moi necesario a día de hoxe”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.