O BNG de Noia propón incluír a mellora da EDAR de Noia nos POS 2022

12 Xaneiro 2022

O BNG de Noia vén de facer públicas as súas propostas ao Goberno local para seren incluídas nos investimentos para o POS+ 2022 da Deputación de A Coruña, unha listaxe de proposicións que representa, en palabras do grupo, “unha aposta por comezar a poñer en marcha os investimentos que contempla o Plan Director de Saneamento de Noia, o cal foi culminado o pasado 2021 por Augas de Galicia”.

O portavoz da formación, Ricardo Suárez, sinala “a necesidade de que todas as administracións aporten o seu gran de area na consecución dun plan tan importante como o Plan Director”, e apunta que “os fondos achegados pola Deputación no Plan de Obras e Servizos poden ser unha vía óptima de financiamento para poñer en marcha a mellora dos bombeos de A Barquiña, que son sinalados no plan como unha das actuacións máis importantes para a mellora da rede de saneamento noiesa”. Neste sentido, os nacionalistas propoñen unha achega de 388.000 € para a EDAR da Barquiña.

Dende o BNG din sentirse decepcionados co PP por unha decisión que pon de manifesto “o seu rexeitamento a investir na actualización e mellora da EDAR de Noia”, unha petición que os nacionalistas incluían nas emendas aos orzamentos do Executivo galego, mais aseguran que seguirán insistindo para “conseguir que a Xunta mude a súa postura e finalmente se poda realizar este investimento prioritario durante esta anualidade”.

Neste sentido Suárez afirma que a consecución da mellora da EDAR de Noia e a actualización dos bombeos da Barquiña significarían “amosar á cidadanía un compromiso dos distintos partidos políticos da intención de progresar na consecución da mellora dun saneamento que a día de hoxe funciona dun xeito moi deficiente”.

Alén deste investimento, as propostas do BNG para seren incluídas no POS+ 2022 inclúen a instalación dun elevador na Biblioteca Municipal de Noia. Suárez considera “que este investimento é imprescindíbel” porque o feito de que un servizo básico como a biblioteca presente barreiras para determinados colectivos “é algo inadmisíbel en 2022”.

Por último, o BNG tamén reafirma o seu compromiso coa loita contra a fenda dixital e propón o lanzamento dunha convocatoria de axudas para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado noiés, para o cal inclúen 77.000 € que serían financiados a través do POS social da Deputación de A Coruña.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.