O BNG de Noia presenta as súas propostas para a mellora na depuración das augas residuais nun encontro coa veciñanza de A Barquiña

14 Xaneiro 2022

O BNG presentará, tanto no Parlamento galego como no pleno do Concello de Noia, sendas iniciativas para instar á Xunta a poñer en marcha o Plan Director de Saneamento de Noia, o cal foi redactado no pasado 2021. Os nacionalistas apostan por un investimento de 1.325.000 euros por parte do executivo galego para a mellora e actualización da Estación de Depuración de Augas Residuais.
Alén deste importante investimento, inclúense nestas iniciativas outras dúas propostas, en primeiro lugar a sinatura dun convenio entre Xunta e Concello para o mantemento da rede de saneamento e en segundo lugar a realización de un calendario de investimentos para a consecución do Plan Director.
A deputada Rosana Pérez recordou que se trata do segundo Plan Director de Saneamento de Noia, pois o primeiro, de 2008, “traduciuse en importantes investimentos que melloraron o estado da rede de tratamento de augas residuais
da localidade”. Posteriormente lamentou o feito de que “a Xunta non seguise desenvolvendo aquel plan, sen facer ningún investimento no mesmo dende o 2013”. Pérez tamén lamentou “a degradación da rede de saneamento que se
sinala no actual Plan Director, onde se afirma que o abandono do mantemento da infraestrutura dende 2016, xusto cando o Partido Popular entrou no goberno, fixo que as cifras de xestión das augas e de proliferación de vertidos incontrolados sexan peores cada ano”.
Pola súa parte Ricardo Suárez mencionou a importancia de levar a cabo estas actuacións sobre a EDAR, pois “son a base para poder mellorar a rede de saneamento noutros puntos do municipio, xa que non ten sentido bombear augas
a unha EDAR cun funcionamento deficiente”. Suárez agradeceu a insistencia do grupo parlamentario do BNG nesta cuestión, lembrando que volven a levar esta iniciativa logo de que o Partido Popular vetase a inclusión do investimento na EDAR nos orzamentos do executivo galego.
O portavoz do BNG en Noia tamén lembrou a súa aposta por destinar 388.000 euros do POS 2022 á mellora dos bombeos da área da Barquiña, unha das primeiras actuacións que se contemplan no Plan Director. Neste sentido, sinalou que “ademais da súa repercusión na calidade das augas, as carencias do saneamento tamén xeran cheiros que afectan de xeito importante á calidade de vida da veciñanza, tanto en A Barquiña como en outras moitas localizacións do municipio”.

Reunion cos veciños da Barquiña

Outros artigos

Os Trobeiros da Ponte ofrecen este sábado un concerto no Porto do Son

O clásico grupo Os Trobeiros da Ponte ofrecerá un concerto na Casa de Cultura do Porto do Son o vindeiro sábado, 3 de outubro, ás 20:00 horas. Trobeiros da Ponte é unha agrupación musical galega formada por un grupo de amigos apaixonados pola música que se converteu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.