No Son sen éxito a procura na zona onde apareceu a costela dun dos mozos desaparecidos en kaiak

19 Xaneiro 2022

Sen éxito concluíron as dúas inmersións que o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas ( GEAS) da Garda Civil realizou este mércores en Porto do Son. Ambas na zona onde a finais de novembro un barco pesqueiro achou unha costela que o último informe forense indicou esta semana, con case total probabilidade, que pertence a Xabier Furtado, mozo que desapareceu no verán do 2020 xunto a Miguel Quan tras envorcar o kaiak no que navegaban.

A compañía de Noia da Garda Civil volveu solicitar a presenza dos mergulladores, cuxa primeira inmersión arrincou ao redor do mediodía, concluíndo sobre as 14.00. Centráronse no punto onde o barco pesqueiro marcaba o achado, situado enfronte da praia de Caveiro aínda que no interior da ría de Muros-Noia.

As correntes dificultaron os labores do GEAS, que tamén exploraron o resto do roteiro que marcaran e seguiran os mariñeiros aquel 30 de novembro, ampliando así a procura aínda máis.

O equipo de mergulladores, formado por catro profesionais, regresou de tarde, concluíndo a segunda inmersión ás 17.30 co mesmo resultado.

A investigación segue en mans da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña, que esta mesma semana remitiu ao xulgado de Noia que instrúe o caso o último informe forense, emitido polos expertos do propio instituto armado.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...