Miguel Anxo Seixas estará este sábado en Rianxo para achegarnos a vida de Castelao entre 1922 e 1947

20 Xaneiro 2022

Este sábado 22 de xaneiro, dentro da programación dos Actos Castelao 2022 organizada polo Concello de Rianxo, o investigador e escritor Miguel Anxo Seixas achegarase á vila para falar da figura de Castelao nos anos 1922 e en 1947. Será no salón de actos do Auditorio Municipal e contará coa presenza, tamén, do alcalde Adolfo Muíños.

Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960) é un dos historiadores da nosa terra que máis ten pescudado na traxectoria vital, política, social e artística do ilustre rianxeiro. Non só colaborou nos volumes colectivos (I e II) de Para ler a Castelao, publicados no 2000 por Galaxia, senón que é o responsábel dos tres tomos de Castelao. Construtor da nación, tamén publicados por Galaxia. Estes tomos están considerados a biografía máis completa sobre o político e escritor de cantas se teñen feito até a data, co engadido de ter sido escritas de xeito dinámico e ameno, fuxindo de esquemas que poidan facer pasada a lectura: son diarios da vida cotiá, próxima e en moitos aspectos recoñecíbel, do que foi o gran construtor da nación galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...