Manita do Unión ao Flavia que os eleva na táboa

18 Xaneiro 2022

O Unión de Asados demostrou outra xornada máis que está de volta. Logo de vencer a
semana pasada ao Lalín cunha remontada nos últimos minutos, esta xornada fixo o mesmo
fronte ao Flavia, pero de forma contundente. Chegaba o líder ao Municipal de Vilas, e nos
primeiros 45 minutos xa marchaban por detras do marcador con tres goles de desvantaxe.
Na segunda metade os locais continuaron co recital e anotaron os dous tantos que puxeron o
definitivo 5-0 e que dan un golpe sobre a mesa. Os goleadores foron Ismael Cerqueiras e
Sergio Nieto con sendos dobletes e Néstor Rodríguez.
Noutro partido clave enfrontábanse o Cidade de Ribeira, que chegaba ao Cordeiro como
colíder, os de Valga eran terceiros. Un solitario gol de Pedro a pase de Aguado, a falta de
cinco minutos para o descanso, serviulles aos de Manuel Ángel e Moreno para levarse os
tres puntos e adicarlle o triunfo a José López, O Masaxista, que facía un ano do seu
falecemento.
O Taragoña pola súa parte rascou un empate sen goles na súa visita a Praíña, un rival e un
campo moi complicado. Os da Lomba volveron a dar mostras de que están feitos para
competir nesta categoría, a pesar de non sumar ningunha vitoria en toda a tempada.
No grupo da Costa, o Volantes de Baño venceu ao Belvís por 2-1 con dous goles desde os
11 metros de Pesco. Con este triunfo os de Muros suman dous triunfos consecutivos e
póñense sextos con 13 puntos, a 6 da promoción de ascenso.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.