Lousame despide cun emotivo acto ás voluntarias turcas Ebru Karaca e Dilara Güven

10 Xaneiro 2022

O Concello de Lousame organizou unha actividade para despedir ás voluntarias turcas que estiveron colaborando estes últimos nove meses nas actividades municipais, ao abeiro do proxecto europeo Actividades interxeracionais de voluntariado. Na despedida a Ebru Karaca e Dilara Güven participaron a concelleira de Mocidade, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, José Manuel Outeiral.

O acto (unha cerimonia que pillou por sorpresa ás dúas voluntarias, que volven este martes ao seu país) celebrouse na noite do pasado venres no Auditorio de Lousame. Asistiron preto dun cento de persoas, entre voluntarios/as, integrantes da UNED Sénior de Lousame, do grupo O Son do Pote e do Concello de Lousame que compartiron con elas estes nove meses de traballo: punto de atención á nenez, centro de día, colexio, campamentos de verán…

Silvia Agrafojo aproveitou para agradecer “todo o esforzo que fixeron tanto Ebru como Dilara desenvolvendo actividades de carácter social e cultural que lles valeron o cariño de moitos veciños e veciñas de Lousame”. Ademais de entregarlles o diploma acreditativo da experiencia adquirida nos últimos nove meses, Agrafojo e Outeiral agasalláronas con sendas figuras de Sargadelos: unha dun faro, pola visita realizada ás illas Cíes, e outra dun gaiteiro, polo achegamento de Ebru Karaca con ese instrumento.

O Grupo o Son do Pote e as pandeireteiras da Aula Sénior da UNED quixeron colaborar poñendo a parte musical na actividade, entregándolles ás dúas voluntarias cadanseus colgantes cos seus nomes e unha ducia de cadros elaborados por un artista local das distintas actividades nas que tomaron parte Ebru e Dilara, que se mostraron moi emocionadas durante a despedida. Dilara agradeceu todas as mostras de cariño pois “foi unha sorpresa, quérovos a todos e vouvos botar moito de menos”; mentres que Ebru lles asegurou que “sodes a miña segunda familia. Espero volver no verán ou o antes posíbel”.

O Concello de Lousame lembra que é un dos poucos municipios de Galicia que xestiona programas de Voluntariado Europeo, sendo ao mesmo tempo entidade de envío como de acollida de voluntarios/as. En 2017 iniciou este camiño coa acollida de dúas voluntarias, a francesa Lucíe Rimasson e a rusa Anna Uvarova; entre 2018-2019 contaron coa colaboración da ucraína Oksana Kalinicheko e a rusa Iuliia Bautdinova; mentres que a persoa que ía participar no programa de 2020 volveu á súa terra natal xa que a súa chegada coincidiu co inicio dos meses de confinamento pola COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.