“#InxustizaPenal” – José Antonio Constenla

18 Xaneiro 2022

Crin que o de criminalizar aos voluntarios provida que se reúnen diante das clínicas abortistas para rezar ou ofrecer axuda e consello ás mulleres que acoden alí, para que non aborten, era un bulo. Inocente de min, nada de bulo. Éncheme de espanto ver no Boletín Oficial das Cortes unha infame proposición de lei orgánica que busca modificar o Código Penal, para incluír penas de cárcere de entre 1 e 3 anos aos que estean nas proximidades desas clínicas (como as unidades móbiles de diagnóstico gratuíto de embarazo) informando da alternativas fronte ao aborto.

Como pode ser delito querer apoiar a mulleres en situación de vulnerabilidade que, movidas polo medo, a soidade ou a falta de recursos para sacar adiante aos seus fillos pensan no aborto como única alternativa aos seus problemas?

O PSOE con esta reforma claramente ideolóxica e anticonstitucional, moi do gusto do lobby do negocio abortista, arrógase a exclusividade de defensa dos dereitos da muller e non permite que esta sexa apoiada nin axudada no drama do aborto por outros que non sexan os da súa corda e sempre con este como única alternativa.

Continúan coa súa ofensiva contra os dereitos constitucionais. Obsérvese que no texto equipáranse na práctica as vixilias de oración e as concentracións, a supostos de acoso e violencia de xénero. Onde quedan os dereitos á liberdade de expresión, reunión, opinión ou manifestación? Non hai ningún artigo do código penal que faga unha formulación tan restritiva desas liberdades, ao momento de consideralas inexistentes nas “proximidades” dos negocios abortistas.

Non é unha pretensión que resulte estraña vindo dun partido que criminaliza a todo o que discrepa das súas ideas, ao que tacha de machista, homófobo, racista ou fascista. O PSOE parece empeñado en crear unha sociedade totalitaria na que ninguén lle leve a contraria. Socialismo puro e duro, en fin.

Dáse o paradoxo, de que esta iniciativa, chega tras legalizar nas folgas aos piquetes violentos, mediante a supresión do punto 3 do Art. 315 do Código Penal, que castigaba as súas coaccións. Aquí, cabe preguntarse, porque isto non se aplica aos próvida e con todo si ás manifestacións ante lugares de culto (en 2018, o PSOE apoiou unha proposta de Podemos para legalizar as vexacións aos crentes). Así mesmo, de penalizar aos voluntarios próvida polo seu labor, farase o propio con policías e bombeiros se tentan disuadir aos suicidas para que non se quiten a vida?

O PSOE pasou en pouco máis de 20 anos de despenalizar o aborto, a consideralo un dereito e agora, a castigar a quen poidan “obstaculizalo”. Se esta proposta sae adiante, as verdadeiras vítimas, máis aló dos activistas provida, serán as nais embarazadas que cada vez estarán máis soas, sen outra opción en moitos casos que a de abortar. É o colmo da indecencia.

Outros artigos

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

+

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

+

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.