Fabiola García visita o obradoiro de xoias de Sofía Rivas, en Ribeira

18 Xaneiro 2022

A conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, visitou este 18 de xaneiro o seu concello o obradoiro aberto pola gañadora do programa Xuventude Crea 2020 na categoría Deseño de xoias, Sofía Rivas.

A creadora de Ribeira gañou un dos premios dito certame grazas a unha serie de obras chamada Xénese.

No seu obradoiro a conselleira salientou as axudas da Xunta a prol dos novos artistas, axudándolles a impulsar os seus propios proxectos. García sinalou que “é un orgullo ver como os proxectos da xuventude galega saen adiante e como os seus soños se converten en realidades”.

García lembrou que o pasado mes de maio, a Xunta puxo en marcha unha exposición itinerante onde se recollen as creacións que realizaron algúns dos 4.000 participantes ao longo das 12 edicións do programa. No ámbito musical tamén se impulsa as creacións da mocidade a través do Atardecer no Gaiás. Así mesmo, engadiu, “estamos avanzando na creación dun museo dixital no que dar difusión ás obras destes artistas e abrirlle portas a museos, teatros ou editoriais”.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.