Executado en Baroña un pasteiro cortalumes de case 31 hectáreas

17 Xaneiro 2022

A Xunta vén de executar un pasteiro de case 31 hectáreas nos montes veciñais en man común de Baroña (Porto do Son) para establecer unha devasa (cortalumes) nunha zona afectada cada pouco tempo polos incendios forestais. O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, supervisou este luns 17 de xaneiro estes traballos abeirados á primeira fase do Plan de Pastos de Galicia, cun investimento próximo aos 145.000 euros.

Os traballos localizáronse nos lugares de Raña, Calvelle e Udres. En concreto, consistiron na implantación e recuperación dos pastos coa previa preparación do terreo, a súa fertilización e a sementeira de especies pratenses para o alimento do gando. A continuación colocáronse e melloráronse os cercados perimetrais, establecéndose pasos canadenses e dotándose á comunidade de montes dunha manga de manexo.

Balseiros lembrou que na primeira fase do Plan de Pastos executáronse 14 pasteiros en montes veciñais galegos que superaban en total as 500 hectáreas. Na segunda fase, está previsto duplicar as cifras, actuando nunha trintena de pasteiros que suman preto dun milleiro de hectáreas.

No caso da provincia da Coruña, executaranse 75 hectáreas de pasteiros por preto de 200.000 euros. En concreto, actuarase nos concellos da Pobra do Caramiñal e Muros para aumentar a base territorial das explotacións ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...