Este xoves ás 17.00 horas preséntanse á veciñanza o proxecto Dodro Saudable

27 Xaneiro 2022

Este xoves 27 de xaneiro vaise presentar no salón de plenos do Concello de Dodro o programa deportivo Dodro Saudable, un proxecto dirixido a poboación en xeral que se sustenta en tres principios básicos na análise e o diagnóstico da condición e mellora física das persoas: valoración, prescrición e seguimento.

O programa, que se presenta ás 17.00 horas, está deseñado para atender as necesidades da totalidade das persoas de Dodro, desde a infancia a vellez pasando pola adolescencia e a idade adulta, atendendo as características de cada unha delas.

O Concello apoia a posta en marcha deste proxecto na necesidade de incrementar os hábitos saudábeis a todos os niveis, uns hábitos que empeoraron coa chegada da pandemia e o confinamento: “Os datos aportados por organizacións privadas como a Gasol Fundation, e de públicas como a OMS ou a Xunta de Galicia co seu programa DAFIS, amosan un preocupante abandono da condición física que se traduce nun empeoramento da saúde persoal”.

O Concello de Dodro a través do departamento de Deportes deseñou este programa gratuíto que está a disposición de toda a veciñanza coa finalidade de mellorar a súa saúde . Poderase acudir a presentación no propio salón de plenos ou en directo por medio da canle municipal de YouTube.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.