“Escravitude sexual” – José Manuel Pena

11 Xaneiro 2022

Por casualidades da vida atópome, por primeira vez, cunha muller que me relata ser vítima da trata de persoas. Actualmente reside no noso país pero cando chegou, hai uns anos, viaxou con falsas promesas. Ao chegar, baixo ameazas e coaccións, permaneceu “encerrada” en varios locais de alterne das zonas da Coruña e Santiago de Compostela, sendo obrigada a prostituírse en condicións infrahumanas. Decenas de “clientes” pasaban pola súa habitación, cada día, e así durante varios anos.

Xunto a ela había outras mulleres, tamén retidas polos seus captadores que foran enganadas, nos seus países de orixe por culpa da ignorancia e a pobreza. Algunhas tentaron escaparse e as que o lograron a “mafia”, organización criminal, asasinou os seus familiares que residían en Sudamérica. Cando ela logrou pagar aos seus “captadores” toda a “débeda” que eles consideraron puido quedar libre e tratar de refacer a súa vida. Deixara aos seus fillos en Colombia, ao coidado dos seus pais. Agora, tras a liberdade, coñeceu a un galego co que tivo unha filla pero ao pouco tempo separáronse. Para ela era difícil atopar traballo por culpa da discriminación e a estigmatización por exercer a prostitución. O que pasara, ao longo de tantos anos, deixáraa curtida e nada lle daba medo. Pensaba como vítima que fora das circunstancias e non entendía o comportamento da sociedade. Non quedou máis remedio que exercer a profesión máis antiga da humanidade, agora dunha maneira voluntaria, para poder subsistir. A súa parella, o pai da súa filla, conseguiu a custodia e a nena chegou a sufrir abusos sexuais por parte dun familiar. Á nena quedáronlle secuelas psicolóxicas, mentres a nai segue sufrindo, en silencio e con total impotencia. Sabe que xa estaba “sinalada” para sempre, nunha sociedade hipócrita e con dobre moral.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.