En Ribeira o Concello licita a construción dun paso sobre o río Listres

03 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira informa de que foi licitada unha actuación dirixida a construír un paso sobre o río Listres co obxecto de “dar continuidade á circulación tanto de vehículos como de peóns polas rúas que desembocan neste curso fluvial que marca a separación das parroquias de Castiñeiras e Aguiño”.

Así, conforme ao proxecto técnico elaborado, a obra de paso sobre o río Listres ten por obxecto dar continuidade ao tráfico rodado e peonil entre a rúa das Pedras (situada en Aguiño) e a rúa dos Paxariños (emprazada en Castiñeiras, na zona dos Areeiros).

A tal efecto vaise desmontar o paso peonil actual (que será recolocado provisionalmente augas abaixo da zona de obra e será retirado definitivamente unha vez se poña en servizo a nova infraestrutura) e no seu lugar será disposto un novo paso de formigón, erixido sobre pilotes, con beirarrúas en ambas marxes e varandas de protección lateral. A área de actuación ten unha lonxitude de 20 metros e un ancho de 9.

A actual tubaxe de abastecemento da auga será desmontada e trasladada máis abaixo. En previsión da posta en funcionamento de servizos futuros, na zona de beirarrúas vanse dispoñer tubaxes para canalización de abastecemento, alumeado e comunicacións, máis outra tubaxe de reserva.

A obra ten un orzamento de 82.292,52 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son tres meses.

As empresa interesadas poden presentar as súas propostas ata o 25 de xaneiro á medianoite. Débeno facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.