En Ribeira o Concello investirá máis de 326.000 euros en levar o saneamento a Os Muíños

25 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira vai investir un total de 326.718,74 euros en dotar de servizo de saneamento municipal ao lugar dos Muíños, situado na parroquia de Oleiros. O Goberno local engadiu que este martes 25 de xaneiro saíu a licitación a contratación da obra, que implicará a instalación de case dous quilómetros de tubaxes.

Neste senso, as obras que se pretenden realizar son as seguintes:

• Instalación de 1.557 metros de tubaxe de PVC compacto de 315 milímetros de diámetro.

• Instalación de 34 pozos de 1,70 metros de profundidade.

• Instalación de 2 pozos de 3,70 metros de profundidade.

• Instalación de 342 metros de tubaxe polietileno de 75 milímetros de diámetro.

A través dos colectores de PVC conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará unha estación de bombeo, previa instalación dunha arqueta de entrada. Dentro do poxo de bombeo haberá dúas bombas trituradoras mergullábeis, xunto coa caldeirería e valvulería correspondente. Dende alí impulsaranse as augas fecais a través dunha tubaxe de polietileno de 75 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral de Gándara.

As obras, que están adscritas ao POS+2019, teñen un período de execución de cinco meses.

As empresas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.