En Noia, o Concello mellorou o viario da parroquia do Obre

14 Xaneiro 2022

O Concello de Noia abordou o punto de inflexión entre 2021 e 2022 con diversas melloras na parroquia do Obre, traballos destinados a mellorar a seguridade, a mobilidade e a accesibilidade, principalmente.

Entre os principais focos de actuación incluíuse o acondicionamento da praza do Chan de Maroñas, na que se levou a cabo á substitución do pavimento existente por formigón pulido nas zonas de tránsito rodado e enlousado granítico nas zonas de tránsito peonil.

Amais, optimizouse o alumeado na estrada Obre-Testal, achegando, en palabras do Concello, “unha mellora considerábel en materia de visibilidade”.

A maiores, púxose a punto a contorna do local social da parroquia noiesa, co pavimentado da zona.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.