En Noia o Concello aplica melloras estéticas e funcionais no Estadio Municipal

27 Xaneiro 2022

O Concello de Noia compartiu datos e imaxes sobre os traballos despregados no Estadio Municipal Julio Mato para mellorar e poñer a punto as instalacións, tanto dende o punto de vista estético como sobre todo funcional.

As tarefas despregadas tiveron diferentes liñas de acción, que son as que citamos de seguido:

· Instalación da cuberta da grada, que se completará en datas vindeiras con outros módulos de características semellantes aos existentes e que permitan aumentar o número de localidades para o público.

· Reparación do campo de herba artificial, co pegado das zonas levantadas; reposición do caucho e peiteado do campo.

· Limpeza e acondicionamento da parte exterior do estadio.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.