En exposición pública a incorporación ao inventario municipal de catro camiños en Aguiño

20 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira somete a información pública unha rectificación do inventario municipal coa finalidade de incorporar catro camiños situados na parroquia de Aguiño pola súa consideración como públicos dos mesmos.

Concretamente trátase destes camiños:

1. Camiño transversal rúa Luís Seoane – rúa Castelao: 100 metros lineais, Aguiño 00389.

2. Camiño transversal rúa Castelao – rúa Lagarto: 115 metros lineais, marxe esquerda, Aguiño.

3. Camiño 1.ª transversal rúa Castelao 00373: 70 metros lineais, Aguiño.

4. Camiño transversal rúa Castelao: 43 metros lineais, 9086515MH9098N0001RY, Aguiño.

O que se somete a información pública por un prazo de 15 días hábiles para que poidan formularse as alegacións que estimen convenientes. Ao seu remate, elevarase, previo informe do departamento de Secretaría, ao pleno para a súa resolución.

Outros artigos

Arrastreiro de Ribeira investigado por captura de golfiños

A Garda Civil denuncia ao patrón tras a difusión de vídeos en redes sociais que mostran a captura de cetáceos en Galicia. Segundo recolle a web costaoeste.gal, a denuncia contra o patrón do arrastreiro de Ribeira xerou gran preocupación no sector pesqueiro galego e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.