En Aguiño Alejandro Pesado e Clara Millares marcaron os mellores tempos na “III Milla Solidaria Heroínas de Sálvora”

02 Xaneiro 2022

O porto de Aguiño acolleu esta mañá a terceira edición da Milla Solidaria Heroínas de Sálvora no 101 anos exactos do afundimento do vapor Santa Isabel e o valente labor desempeñado por parte de María Fernández Oujo, Cipriana Crujeiras, Cipriana Oujo Maneiro e Josefa Parada.
Alejandro Pesado Fernández, do Atletismo Sar Vermú Petroni e participante na categoría Master 2, marcou o mellor tempo da proba ao deter o cronometro en 4:57. Entre as mulleres, fíxoo Clara María Millares Sieira, da Escola de Boxeo El Canario, cun tempo de 6:27, dentro da categoría Master 1.


Hai que dicir que por mor da situación covid houbo que alterar o programa previsto de tal xeito que cada categoría correu por separado e non nunha única saída na distancia absoluta de 1.609 metros.
Os concelleiros Javier Sampedro e Ana Barreiro foron os encargados de entregar as medallas dun certame que este ano correu a cargo da Asociación Pro Saúde Mental A Creba e contou cun total de 64 corredores entre as categorías biberón, prebenxamín, sub10-sub12, sub14-sub16, sub 18-sub20, sub23-senior e zapatilla inclusiva.
A proba estivo promovida polo Concello de Ribeira coa colaboración técnica de Abraham Benítez.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.