D’Vicio, Floristerrae e Manuela Domínguez gañan o concurso de embelecemento de nadal de Ribeira

A pizzería D’Vicio, a aguiñense Manuela Domínguez e a floristería Floristerrae leváronse o primeiro premio de cada unha das modalidades do concurso de decoración de Nadal.
D’Vicio recibiu o galardón na categoría de Decoración Hostaleira, na que quedaron finalistas El Cubano Burguer e Vinoteca Abuela Gloria.
O proxecto “Xa é Navidad”, presentado por Manuela Domínguez, residente en Aguiño, recibiu o primeiro premio da modalidade de Decoración de Fachadas, balcóns e xardíns, mentres que os adornos de “Manualidades con Lana para Navidad” colocado en Abesadas, e “Veciños Navideños” da Rúa Canarias, quedaron en segundo e terceiro posto.

20220119 Ribeira premio Hostalería

Por último, o establecemento gañador na modalidade de Decoración de Escaparates resultou ser a floristería Floristerrae, seguido da tenda de roupa infantil Cukos e o establecemento de alimentación A Tenda de San Martiño.
A entrega de premios tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos do Concello e nela participaron a concelleira de Cultura e primeira Tenente de Alcalde, María Sampedro e o concelleiro de Turismo, José Ramón Doval.

20220119 Ribeira premio escaparatismo

O concurso estivo aberto ata o pasado 6 de xaneiro. Os gañadores decidíronse polo número de “Gústame” acadados nas fotografías da decoración subidas ó perfil de Facebook de EntérateCulturaFestexos.
O primeiro premio de cada categoría estaba dotado con 300 euros, o segundo, con 200 euros e o terceiro, con 100.

20220119 Ribeira premio fachadas