“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

03 Xaneiro 2022

Claro que hai algunhas persoas e familias que se aproveitan de pequenas axudas públicas e servizos sociais básicos, para iso hai que traballar nunha mellor supervisión e control. Tamén non é menos certo que os ricos son cada vez máis ricos, aprovéitanse das argucias e a enxeñaría financeira, dos paraísos fiscais, mesmo das axudas e subvencións públicas para engrosar os seus patrimonios persoais e familiares, sen importarlles ter que recorrer á corrupción para seguir mantendo os seus altos niveis de vida.

En realidade, tanto uns como outros, vulneran a legalidade vixente e atentan contra o principio fundamental da solidariedade, coa diferenza de que os primeiros son “desprezados”, por tentar sobrevivir ou vivir un pouco mellor, mentres que os outros son “apreciados e respectados” por vivir á conta dos demais. Sen dúbida, o mundo ao revés.

Si, certamente a situación social actual é contraditoria xa que no mundo prodúcese un aumento da prosperidade dalgúns, acompañado dun incremento da pobreza extrema de moitos outros. A desigualdade social é cada vez maior por iso é polo que, moitos pensadores e economistas, crean necesario o manter un novo contrato social de alcance mundial, baseado fundamentalmente no principio de solidariedade entre as persoas, entre os pobos, e entre as xeracións ao obxecto de situar o benestar do ser humano e a satisfacción das súas necesidades no centro do desenvolvemento social.

Cada vez somos máis os que cremos en que é posible un desenvolvemento alternativo sobre a base fundamental dun compromiso real na loita contra a pobreza, tanto a nivel nacional como internacional. Só así avanzaremos de maneira xusta e equitativa.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.