“Crenzas” – Xulio Xiz

29 Xaneiro 2022

Polo outono do s. XIX, Louis Pasteur descubriu o proceso das enfermidades infecciosas, e naceron as vacinas. Algúns contemporáneos tiveron dificultade para aceptar que algo tan pequeno puidese ocasionar a morte dos seres humanos, pero aínda que é difícil que as verdades da ciencia sexan entendidas por quen non quere entendelas, na actualidade a inmensa maioría dos humanos admiten a existencia desas entidades mortíferas.

Nesas andamos coa pandemia, que produciu millóns de mortos no mundo, e case tres mil en Galicia, e os dous anos transcorridos derivaron en coñecemento do problema, e rápida aparición de vacinas froito de longos anos de investigación anterior. Vacinouse ás xentes por millóns, e as mortes case seguras transformáronse nun xeito de gripe que a maioría dos afectados soporta e supera.

Non é que debamos ter fe cega na ciencia, pero case. Cando a sociedade se afana en loitar contra un problema, e se comproba que vacinar reduce radicalmente os mortos, hai que implicarse activa ou pasivamente no proceso. Vacinarse é imprescindible para non ser un perigo social e mesmo por instinto de conservación. Quen se retrae en vacinarse, afectado por un virus peor ca o COVID, está enfermo de ignorancia, prepotencia, e desprezo polo saber.

Hai negacionistas da pandemia, abstencionistas das vacinas e descridos da ciencia. Se aínda cresen nas rogativas contra a peste, nas ciencias ocultas para eliminala ou que os extraterrestres virán rescatarnos do inimigo, aínda podía coidarse que só levaban consigo un atraso de séculos. Como dubidan dos investigadores, dos médicos, da ciencia, e só cren en si mesmos, gárdenos Deus da súa influencia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...