CONGALSA e Ecoplas Barbanza, finalistas nos segundos Premios Galicia de Innovación e Deseño que se entregan o 24 de xaneiro

13 Xaneiro 2022

A Axencia Galega de Innovación vai organizar o vindeiro 24 de xaneiro, en streaming, a cerimonia da segunda edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño. Con estes galardóns, que comezarán a entregarase a partir das 12.30 horas, a axencia autonómica que dirixe Patricia Argerey recoñece o labor das persoas e empresas referentes do desenvolvemento económico, tecnolóxico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

Profesionais de recoñecido prestixio integraron o xurado que seleccionou os/as finalistas para as categorías das que consta o certame.

Entre as empresas finalistas atópanse dúas firmas da Pobra do Caramiñal, as dúas referentes da vangarda innovadora da nosa terra: CONGALSA, centrada en produtos de alimentación procedentes do mar, e Ecoplas Barbanza, centrada na fabricación de mallas extruídas destinadas ao cultivo e ao envasado de marisco.

· Pequena e mediana empresa: pemes con demostrada actividade innovadora durante alomenos os últimos cinco anos:

-Ecoplas Barbanza.

-Gairesa.

-GgaChimia.

· Grande empresa: grandes empresas cunha actividade innovadora ao longo de, como mínimo, a última década:

-CONGALSA.

-Zendal.

· Traxectoria innovadora: empresarios e profesionais cunha traxectoria de alomenos dez anos na que a innovación fose relevante.

· Profesionais: profesionais do deseño (persoas ou equipos) cunha traxectoria de alomenos dez anos de recoñecido prestixio no sector:

-Costa Comunicación Visual.

-Desescribir.

-FrutoDS.

· Deseñadores/as mozos/as: creadores/as de ata 35 anos de idade cunha traxectoria profesional inferior a dez anos:

-Borja Regueiro.

-Damián Calvo.

-Junior Alén.

· Empresas: empresas consolidadas que incorporaran o deseño á súa estratexia empresarial ao longo de, como mínimo, a última década:

-Grupo Castrosua.

-TMC Cancela.

Criterios e primeira edición do certame
Entre os criterios de avaliación, os xurados das categorías de innovación teñen en conta a traxectoria e actividade innovadora, así como o posicionamento e o impacto da innovación na mellora da capacidade competitiva. Os xurados dos galardóns de deseño valorarán a traxectoria e a contribución realizada, así como o impulso á innovación a través dos proxectos de deseño.
Estes foron os aspectos nos que destacaron os galardoados na primeira edición deste certame. Na sección de innovación os premiados foron Francisco Guitián (traxectoria innovadora), Marine Instruments (pemes) e Cupa Innovación (grandes empresas). Na de deseño, foron recoñecidos Cenlitrosmetrocadrado (profesionais), Eva Yarza (deseñadores/as mozos/as) e Televés (empresas).

Patricia Argerey, directora da axencia GAIN

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.