Choiva de premios en Boiro

20 Xaneiro 2022
PREMIADA DE 1.000€ CO PRESIDENTE E TESOUREIRO

A patronal Boirense realizou na tarde de hoxe a entrega de premios da campaña #nadalfantastico que desenvolveuse durante as datas do nadal.

En total foron 21 os premiados, 20 con 100€ e 1 cun premio especial de 1.000 €, todos eles recibiron o importe en bonos ABE, a xa coñecida moeda da asociación, que se pode utilizar en calquera dos 192 negocios asociados e non ten caducidade.

O acto conducido polo presidente, Daniel García, acompañado polo tesoureiro Jesús Santamaría realizouse no salón de actos da ABE mantendo as máximas medidas de seguridade: distanciamento social e mascarilla.

OS PREMIADOS CO PRESIDENTE E TESOUREIRO AO FONDO

O presidente quixo agradecer ás persoas premiadas “ o voso compromiso co comercio de proximidade ao realizar as compras na localidade, o cal redunda en beneficio do noso comercios e de todo o pobo”

A ABE quere destacar a participación na campaña que se fixo por primeira vez con rexistro online de tíckets xa que foron 3.833, todo un logro que refrenda a aposta que fixo a asociación pola dixitalización e as tics aplicadas ao comercio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.