Catro zonas marisqueiras soben posicións na súa clasificación microbiolóxica

30 Xaneiro 2022

Ante os bos resultados obtidos nos controis periódicos, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) informou de que catro zonas de produción de moluscos bivalvos veñen de obter unha mellor clasificación microbiolóxica, “o que facilita o labor do sector”, informou o instituto dependente da Consellería do Mar.

En concreto, as análises nestas zonas de traballo revelaron de xeito continuado “unha menor presenza da bacteria E. Coli que na súa anterior clasificación”, o “que permitiu cambiar a súa catalogación mediante unha resolución publicada polo INTECMAR o pasado xoves”. As melloras supoñen que unha zona de produción marisqueira e outra de cultivo de moluscos en viveiros flotantes que tiñan clasificación B pasan a ser A, co que o recurso extraído pode ser comercializado directamente a través dun centro de expedición.

A elas engádense outras dúas zonas marisqueiras que estaban catalogadas como C e pasan a ser zona B.

“Deste xeito”, engadiu a Consellería do Mar, “o produto que antes tiña que pasar por depuración natural mediante reinstalación en batea, agora poderá comercializarse directamente previo paso por unha depuradora, o que supón a mellora da clasificación microbiolóxica para 80 bateas e nunha superficie total de arredor de catro millóns de metros cadrados de bancos marisqueiros das confrarías de Fisterra, Corcubión, Cambados, Vilanova de Arousa e Arcade”.

As zonas que pasan de estar clasificadas como B a ser zona A son a parte media da ría de Corcubión e o polígono de bateas A Pobra D, na ría de Arousa. Pasan de C a B a zona comprendida entre o tramo da estrada PO-550 que dá acceso ao porto de Tragove e a desembocadura da canle de entrada á zona de Entre Canos, na ría de Arousa, e a enseada de Larache, na ría de Vigo.

Outros artigos

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

+

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.