Catro centros educativos da nosa comarca participan na iniciativa Lectura e Familias

09 Xaneiro 2022

Un total de 50 centros educativos de toda Galicia desenvolverán programas de integración das familias na actividade da biblioteca escolar ao longo do curso 2021/2022. A Xunta vén de resolver a convocatoria desta nova iniciativa, Lectura e Familias, dotada con 125.000€. Na dita listaxe de medio cento de centros inclúense, pola nosa comarca, o CEIP de Escarabote (Boiro), o CEIP Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e o CEIP dos Muíños (Outes). Tamén se incorporou o IES Lamas de Castelo, en Carnota.

Todos os centros participantes están integrados no Plan de Mellora Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e solicitaron participar neste novo programa, cuxo obxectivo é, en palabras da Consellería de Cultura e Educación, “estimular o deseño e desenvolvemento de iniciativas que favorezan a participación das familias en actividades da biblioteca escolar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.