“Carne enferma” – Antón Luaces

10 Xaneiro 2022

​Ás veces un mesmo fai un alto no camiño e pensa no andado, nunha análise que pretende ser reafirmación ou rectificación do feito e cae na conta de que, coma o gando, o seu labor pode ser intensivo ou extensivo. É dicir: entender como válida a formulación do ministro de Consumo do Goberno español, Alberto Garzón, ou aceptar como válidos cantos informes chegan a ti xustificando a existencia dunha gandería intensiva grazas á que as familias teñen ao seu alcance unha gran produción de alimentos.

O ministro Garzón decantouse abertamente polo extensivo, falando claramente de que España esporta carne en non boas condicións. É este o seu pecado?

Recapacitemos: eu son xornalista. O meu labor puido ser -e aínda é- consecuencia dunha entrega extensiva ou intensiva, reflexiva ou irreflexiva para o caso. No sector gandeiro, o extensivo é moito menos agresivo ca o intensivo. No caso do xornalista, podo ser menos reflexivo. E probablemente o fun estoutro día, deixándome levar polas explicacións que un informe ben elaborado me facilitaba.

Na capacidade do home está o feito de rectificar coma consecuencia dunha máis ampla información, e esta permite chegar á conclusión de que ambos os sistemas – intensivo e extensivo – pretende o mesmo por camiños diverxentes: a gandería extensiva é moito menos agresiva ca intensiva, se ben ambas as dúas procuran un mercado para a súa -súa, si- distribución de carne, alimentos procesados e produtos derivados do leite, sendo a produción gandeira o elemento fundamental de todo o proceso (aquí tamén diverxe o sistema para o xornalista, que non pretende exclusivamente a produción senón que aquilo que produce vaia acorde coa súa idea de compartir coñecemento, algo que non se lle pode pedir á res pero si ao propietario desta).

Dito nidiamente: o extensivo ou o intensivo queren obter carne, leite, ovos e las. Nós, os xornalistas, medios de comunicación nos que podérmonos expresar (a veces, mea culpa, erradamente; e explícome: consumo, pero no produzo leite, carne, ovos nin la. Pretendo involucrar na miña opinión ao lector, relatando a este o que penso. En ocasións, erradamente. E cerro paréntese, para me centrar no que realmente interesa, após pedir escusas a quen se puido sentir molesto por un meu comentario anterior a este).

Imos aló: ben saben vostedes que a gandería extensiva permite que os animais fagan uso do terreo alimentándose de pastos, penso ou calquera ou outro tipo de nutrientes minimizando o uso de fertilizantes sintéticos ou elementos con contidos tóxicos para o ambiente (deste xeito protéxese o territorio). Un sistema, o extensivo, incompatible co ritmo acelerado da comercialización mundial, o que leva a algúns gandeiros a se pasar a outro, neste caso o intensivo, que si o permite.

Porque a explotación gandeira intensiva procura altos volumes de produción e estándares de calidade que se dirixen á optimización do tempo e fai uso de complementos alimenticios e fertilizantes con niveis incrementados de nutrientes en lugares pechados, pouca mobilidade e limitadas case exclusivamente a comer; altos custes de infraestrutura e recursos e un impacto contaminante e corrosivo na natureza. Son estes aspectos que rexeita a Unión Europea e que, polo que agora se sabe, levaron ao ministro Garzón a se expresar de xeito claro contra as macrogranxas: “as megagranxas contaminan a terra, a auga e posteriormente exportan esta carne de baixa calidade procedente destes animais maltratados”.

Neste senso, o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Agrónomos coida que o citado ministro “tivo acceso a algún informe oficial sobre as prácticas produtivas desenvolvidas en todas estas empresas, sen excepcións, e deberiamos deducir que nas mesmas se vulnera de xeito consciente, sistemática e organizada a lexislación española e comunitaria sobre a produción gandeira e benestar animal”.

Moi ao contraria, a entidade colexial afirma que a gandería “axuda coma poucos ao mantemento do noso medio rural, á conservación dos nosos pobos, á xeración de emprego (directo e indirecto), ao desenvolvemento da industria agroalimentaria e á incorporación da muller e dos xoves mediante a potenciación de explotamentos que son perfectamente sustentables tanto desde o punto de vista medioambiental como económico”. Lembran que o ano pasado España exportou carne e produtos cárnicos por valor de 9.145 millóns de euros e que España é o segundo maior exportador mundial de carne de porcino. O Colexio de enxeñeiros agrónomos afirma que o gandeiro é un dos subsectores máis regulados e controlados do país e amosa “o seu rexeitamento ás declaracións interesadas e sen fundamento que lastran a imaxe” deste subsector que fai que “contribuíra a posicionarnos coma unha potencia gandeira mundial”.
A polémica está servida.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.