Cáritas Ribeira superou os 10.000 quilos de alimentos recollidos no Nadal

Cáritas Ribeira acadou a cantidade récord en canto a alimentos non perecedoiros recolleitos durante a campaña de Nadal superando os 10.000 quilos. Deles ao redor de dúas toneladas distribuíronse na repartición extraordinaria que levou a cabo con motivo das ceas de Noiteboa e as comidas de Nadal.

Foron axudadas 146 familias, 365 persoas, entre as que houbo 153 nenos, das que 85 son de 13 nacionalidades estranxeiras e os 61 restantes españolas, superando amplamente as 105 familias que resultaron beneficiarias desa axuda en 2020.

Cada unha desas familias recibiu bolsas cargadas de envases de leite, pasta, arroz, aceite, patacas, latas de conservas e galletas, entre outros produtos, así como entregóuselles un pito de aproximadamente tres quilos de peso, ademais de turrón e doces do Nadal, dos que nesta ocasión recibíronse donativos en abundancia.

Desde Cáritas Ribeira destacaron que a repartición especial entre os máis necesitados non se podería ter realizado sen a extraordinaria colaboración de particulares e empresas, algunhas das cales prefiren permanecer no anonimato. Aínda que conta con existencias de alimentos para repartir durante tres meses, sinalou que non se pode baixar a garda, e que hai produtos que se esgotan rápido como leite e aceite.

A campaña de recollida de alimentos contou coa colaboración de supermercados, comercios e ultramarinos, empresas e colexios, asociacións, sociedades e entidades locais institucionais, deportivas e lúdicas que colaboraron tamén economicamente ou con produtos ao longo do ano. O mesmo dixo para os comercios colaboradores que doaron obxectos de agasallo para o sorteo de Nadal. E valorou a entrega e dedicación altruísta e comprometida a favor dos veciños máis desfavorecidos por parte dos voluntarios, dos que dixo que son “recursos imprescindibles”.

Doutra banda, o balance económico de Cáritas Ribeira do ano pasado reflicte superávit de 8.454 euros, tras obter uns ingresos de 66.717 euros, sobre todo polo aumento de donativos, que se elevaron a 48.648 euros, aos que se sumaron 10.077 de cotas de socios e 4.413 de colectas na parroquia. Os gastos ascenderon a 58.253 euros, dos que 13.450 foron para financiar o proxecto Chanela, 10.483 para vales de alimentos, 5.100 para o Fondo Diocesano, 5.621 para alugueiros e 2.200 para a situación de emerxencia na Palma, entre outros.


BALANCE ANUAL DE CÁRITAS SANTA UXÍA DE RIBEIRA 2021

Atención primaria: a través da acollida e atención primaria queremos colaborar na promoción de cada persoa e familia e exercer en plenitude os seus dereitos e obrigas. Entre as actividades que se realizan está a atención personalizada, acollida, análisis individualizado, revisión expedientes e situacións concretas de las familias, información e orientación sobre os recursos dispoñibles así como derivación a outros servicios especializados.

  • Programa de cobertura de necesidades básicas: entendendo a importancia de garantizar o acceso ós recursos que permitan cubrir as necesidades primarias, este programa convertese nun eixo principal da actividade da entidade a través de diferentes intervencións, que á súa vez faciliten a adquisición de coñecementos e hábitos de vida saudables: alimentación, vivenda, suministros (luz, agua, gas…), servicios e productos vinculados ó coidado da saúde
  • Banco de alimentos: o banco de alimentos realiza repartos semanais de alimentos non perecedeiros (pasta, arroz, legumes, conservas, leite, cacao, productos de almorzo…), así como outros productos de alimentación e hixiene según disposición ás familias beneficiarias.
  • FORMACIÓN:
  • O programa Chanela comezou a sua andadura no ano 2019, sendo unha iniciativa de carácter integral onde se tratan diferentes áreas da vida cotiá, poñendo énfase no desenvolvemento de habilidades de xestión económica, emprego e formación.
  • No ano 2021, como resposta das demandas de formación por parte das familias inmigrantes, empregamos a mesma metodoloxía de traballo para poñer en marcha o programa Maerefa. Con isto, buscamos fomantar a participación social e a igualdade de oportunidades, de forma que tanto a persoa como os seus aprendizaxes sirvan de motor de cambio para as súas familias e a comunidade.
  • Curso de Dependente de Comercio: o curso tivo un total de 15 alumnos e alumnas, os cales se formaron en actividades de substitución e acondicionamento de produtos no punto de venda, xestión de envíos de proximidade seguindo as instrucións e criterios establecidos, e atención ao cliente facilitando a información solicitada de forma clara e ben estruturada.
  • Alfabetización para adultos e español para inmigrantes: actualmente, arredor de 25 personas acuden semanalmente para mellorar as súas destrezas co idioma.
  • Obradoiro de cociña e repostería tradicional: impartido polo voluntariado, 15 persoas ampliaron os seus coñecementos sobre cociña tradicional da nosa
  • Encontro multicultural no parque periurbano de San Roque en colaboración co propio parque, concello, departamento de servizos sociais, Ice Renovación, Comunidade Islámica de Ribeira, e outras organizacións; con esta actividade foméntase a dinamización do parque así como o seu coidado, procurando educar e concienciar en valores medioambientais.
  • Andaina Solidaria Congalsa 2021: contribuindo coa iniciativa posta en marcha por Congalsa, máis de 60 persoas percorreron os 11 qm que unen o Faro de Corrubedo coa Igrexa parroquial de Santa Uxia.
    Melloras destacables do 2021:
  • Posta en marcha do programa interno de formación do voluntariado.
  • Humanización das accións evitando colas e esperas, dignificando o acceso a recursos a través de cita previa, ampliando os horarios de atención ó público, e a implantación do uso de tarxetas moedeiro. Tamén se corroborou a necesidade de posuír unha furgoneta que facilita, principalmente, o transporte de enseres e mobles para as persoas demandantes, así como os suministros necesarios para abastecer o banco de alimentos.
  • Nombramento de áreas e responsables das actividades propias da Acción Social de Cáritas: formación, roupeiro, atención primaria, banco de alimentos, limpeza, emerxencias, prensa e relacións institucionais, relacións externas e terceira idade.