Beatriz Sestayo e José Ramón Romero exploran vías para achegar máis solo industrial en Boiro

20 Xaneiro 2022

Beatriz Sestayo, xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), estivo na mañá deste 20 de xaneiro en Boiro, onde se reuniu co alcalde, José Ramón Romero para explorar de xeito conxunto a demanda de superficie industrial (ante o esgotamento das zonas dispoñíbeis na actualidade) no termo municipal. Beatriz Sestayo puxo en valor o dinamismo da comarca, onde SEA xestiona os polígonos de Rianxo e A Pobra, e eloxiou “o impulso do Concello á dinamización socio económica da localidade”.

A xerente da sociedade estatal SEA, dependente do Ministerio de Transportes a través de SEPES e xestora de 13 polígonos industriais en Galicia, analizou co alcalde de Boiro, José Ramón Romeu, desprazouse a Boiro ante a petición formulada polo alcalde e o equipo de Goberno local, para coñecer a situación empresarial e coñecer a demanda existente.

A xerente mantivo unha reunión na Casa Consistorial co alcalde e co concelleiro José Luis Ruíz Laíño, quen explicaron a situación urbanística e empresarial da localidade. Beatriz Sestayo lembrou que SEA non impulsaba dende 2013 novos proxectos pero que o ano pasado pechou coa Zona Franca de Vigo un importante acordo para impulsar un novo polígono industrial en Cuntis, “co que se abre unha nova etapa de promoción e impulso económico para Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.