As empresas xa poden presentar ofertas para a instalación de saneamento en Canabeiro, Oleiros

28 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira licitou dunha actuación destinada á instalación de saneamento con pozo de bombeo no lugar de Canabeiros, situado na parroquia ribeirense de Oleiros.

O Concello explica que a zona en cuestión carece de saneamento municipal, razón “pola cal instalarase unha tubaxe de SN4 de 315 milímetros de diámetro e 515 metros de longo máis outra por un ramal cunha lonxitude de 260 metros”.

Asemade, disporanse 21 pozos de rexistro: 14 na liña xeral e 7 no ramal.

A través destes colectores conduciranse as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas de caudal unitario 34,92 m3/h. De aquí as augas impulsaranse a través dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 550 metros de longo e 90 milímetros de diámetro ata conectar coa rede xeral.

Esta iniciativa supón un investimento de 134.377,47, IVE incluído, e está adscrita ao POS+2021. O prazo de duración das obras é de catro meses.

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 14 de febreiro á medianoite. Téñense que presentar a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...