“As Avoas, seres vivos” – Manuel Domínguez

07 Xaneiro 2022

Meniño, non te preocupes, se tal recólleche a avoa, e se chego tarde ceas e dormes con ela.
Hey, hey, amodiño meniña, preguntaches á avoa se ela está dispoñible, porque unha cousa é coidar ao neno de forma puntual, e outra tomalo como habitual.

Sabes se esta tarde vou ao cinema coas amigas ou se saio a cear con Antonio?

Unha cousa é unha axuda puntual e outra é tomar por rutina que os avós se encarguen de pasar a tarde cos netos por imperativo, que non entendo.

Se eu sacrifico a miña tarde, plural, as miñas tardes coidando ao neto, ou netos, ti queridiña estás a aforrar os cartos que terías que pagarlle a unha moza que che coide da prole.

E o mais normal seria que polo menos unha parte dese diñeiro que aforras tiveses as grazas de compensar á avoa, á que lle roubas unha tarde de pracer con quen ela quixese gozar.

Porque teña 70, ou 60 anos, xa non teño ollos na cara para mirar, seica a miña pel xa esta saciada e non ten fame, seica este corpo e esta alma salerosa xa non ten dereito ao goce.

Coidei dos meus fillos, pasei noites de insomnios, sufrín, chorei, tido medo, eran os meus fillos. a miña responsabilidade, como se di dos netos, os pais para educalos, os avós para mal crialos.

Os avós están para gozar e tamén para axudar, pero unha cousa é axudar puntualmente e outra trasladar a carga aos avós.

Porque se cre a xente nova, que quen peitea canas, aínda que estean ocultas no L’Oreal, non ten vida sentimental.
Que é iso de xubilar aos avós dos praceres da vida.

Hey, hey, amodo meniña, preguntaches á avoa ?


FOTO -Sharon Stone 64-Meryl Streep avoa 72

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.