As actividades dos Actos Castelao 2022 en Rianxo serán as grandes protagonistas desta fin de semana cultural no Barbanza

28 Xaneiro 2022

Esta cuarta finde de xaneiro será un dos momentos álxidos do programa de actividades dos Actos Castelao 2022, impulsados dende o Concello de Rianxo en colaboración con entidades como a Asociación Cultural Barbantia ou o Museo do Gravado de Artes (Ribeira), co obxectivo de render homenaxe ao escritor e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e reivindicar un ano máis a súa figura como “construtor da nación galega”, amais de ser un dos grandes puntais da nosa literatura.

Dende a Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiron a axenda dos Actos Castelao para esta fin de semana.

Venres 28 de Xaneiro – 20:30 horas – AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

Presentación do libro Baixo as alas de abril, de Xaquín Fernández Leiceaga, coa participación do autor, Xesús Laíño (A.C. Barbantia), María Xesús Blanco (A.C. Barbantia) e Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).

Intervención artística a cargo do gravador e pintor Pepe Míguez.

Apertura e peche musical a cargo da EMR de Rianxo


Sábado 29 de Xaneiro – 12:00 horas – BUSTO DE CASTELAO (Paseo da Ribeira)

Realizarase a tradicional Ofrenda floral e intervención de autoridades. Acto organizado conxuntamente polo Concello de Rianxo e a Fundación Castelao.

Acompañamento musical a cargo do grupo Río de Anxo


Sábado 29 de Xaneiro – 13:00 horas – AUDITORIO DE RIANXO (sala Arcos Moldes)

Presentación da edición facsimilar do poemario ESCOLANÍA DE MELROS de Faustino Rey Romero.

Esta edición inclúe gravados realizados polos participantes no OBRADOIRO DE INICIACIÓN AO GRAVADO impartido polo gravador e pintor Pepe Míguez e organizado en colaboración coa Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital no marco da conmemoración do centenario de nacemento do poeta e do cincuenta cabodano do seu pasamento.

Apertura e peche musical a cargo de Carme Tubío (violoncello) e Manuel Tubío (guitarra e voz)

As entradas necesitan un proceso de reserva previa, consultar en cada proposta como é o procedemento. Máis información e reservas no sitio web do Concello de Rianxo.  

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.