“Andarse polas beiras”. Antón Luaces

02 Xaneiro 2022

Datos: 8.839 barcos integran a frota pesqueira española. Estes barcos xeran 31.100 empregos, As súas capturas acadan un valor en lonxa de 1.601 millóns de euros. 

A información procede do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Coido que non son facilitados ao tun-tún e que serven, A DÍA DE HOXE, como resumo dun feito ao que o propio Ministerio -polo tanto o Goberno español- debe cinguirse para programar que facer ao longo deste 2022 que nada ou case que nada bo ofrece de entrada.
Máis datos, estes da patronal Cepesca: o sector pesqueiro do caladoiro mediterráneo, desespera; os atuneiros  e barcos do caladoiro Cantábrico-Noroeste están a pasalas canutas; as embarcacións dedicadas á produción marisqueira vánas virando e os palangreiros (se os ecoloxistas os deixan en paz algún día) respiran algo mellor: non afogan de todo, grazas ao prezo do peixe espada. En 2021 pescouse menos ca en 2020 e as previsións de Cepesca non agoiran mellores pescas para este recén comezado ano 2022. 

Contundencia: o derradeiro Consello de Ministros de Pesca da UE celebrado en decembro en Bruxelas aprobou a redución de capturas de pescada ibérica nun 8% no Atlántico e a rebaixa adicional de días no mar do 6% para os buques do Mediterráneo. O pacto entre a UE e o Reino Unido sobre a pesca en caladoiros compartidos recurtará as posibilidades de pesca da pescada nun 20% en augas do Gran Sol para España e a estración de xurelo no Cantábrico. A frota de Andalucía protestará en Madrid polo recurtes  no Mediterráneo o día 28 de xaneiro. O custe do gasóleo increméntase para todas as frotas nun 74% interanual (datos da Cooperativa de Armadores de Vigo), ata outubro. Armadores e confrarías de pescadores agardan espectantes pola concreción do denominado Pacto Verde Europeo e as negociacións da Organización Mundial de Comercio (OMC) para regular as axudas á pesca: a incentivación aos carburantes está en entredito e navega en augas do controvertido (unha vez máis pola inxerencia das ONG e a absoluta entrega a estas da Comisión de Pesca). 

Para o sector segue a haber problemas coa remuda xeracional a bordo, sobre todo en postos de mando. A frota quéixase da marcha de mariñeiros a buques doutras bandeiras.

Demasiadas cousas ás que facer fronte ao longo e ancho de 365 días do ano 2022, porque non se ten confianza en que se dean solucións miragre que se poidan producir como quen outorga cruces ao mérito por sete días de función ministerial.

Aínda máis: segue aberto e sen que se albisque solución para ela a reforma da normativa do control pesqueiro da UE por mor da obrigada instalación nos barcos das cámaras de vídeo. Aplicación de novas normativas ou regras que a UE non valora axeitadamente, mentres que resulta incapaz de frear as importacións de produtos de orixe en países que, como é o caso de China, nen sequera respectan os dereitos laborais. En España agárdase a reforma da Lei de Pesca e a presentación polo Goberno  dos proxectos normativos pendentes a este respecto. Cepesca reclama seguridade xurídica para as empresas (que ninguén clarexa se vai poder ser). A frota española quere que a Política Pesqueira Comunitaria derrogue ou modifique as obrigas de desembarque de capturas.

Vai poder solventar o Goberno toda esta ampla problemática de xeito que poda garantir a actividade de case 9.000 barcos e os seus 31.100 traballadores para tratar de manter, cando menos, a produción que permita acadar os 1.601 millóns de euros rexistrados en 2021?.

Os ánimos están ao nivel das cubertas dos barcos. Non chegan máis abaixo porque invadirían as zonas de habilitación que os mariñeiros pretenden que sexan melloradas. Para eles, os traballadores do mar,  a verba resiliencia non ten rexistros no mar, é cousa nova, vai na eira. E, malia todo, piden boa proa cando dende o Ministerio, dende as Comunidades Autónomas, dende a Unión Europea non lles dan máis que zocazos (cando eles, os mariñeiros, abandonaron os zocos e o carabel vai moitos anos).

Non é andar polas beiras?.

Outros artigos

“Morrer sós e nas rúas” – José Manuel Pena

Non nos preocupa demasiado o ver, cada día, a persoas deambulando polas rúas ou durmindo nalgún caixeiro ou portal dun edificio. Son persoas sen fogar, xeralmente con algún tipo de dependencia e que necesitan axuda, aínda que non a pidan porque carecen da estabilidade...

+

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

+

“En defensa de las propias ideas” – José Antonio Constenla

Expresar una opinión disonante con la idea que mueve a la mayor parte de la sociedad resulta cada vez más complicado, especialmente desde que las redes sociales han entrado en el terreno de juego de la política. En el contexto democrático, la libertad de expresión es,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

“Un Papa empático para el mundo”. José Castro López

En medio de la crisis de religiosidad y del proceso de secularización del mundo, elCónclave, que encerró a los cardenales en la Capilla Sixtina para elegir al SumoPóntifice, captó la atención global como ningún otro acontecimiento mundial. Más alládel interés de los...

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

“Voces femininas para unha Galicia nai” – Antón Luaces

A Real Academia Galega tributará o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, unha moi demorada homenaxe ou recoñecemento ás mulleres que, durante séculos, "mantiveron vivo, transmitiron e arriqueceron o cancioneiro popular e o idioma do país",  en palabras da...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.