“Agradecer e compartir”. Sara Franco Patiño

02 Xaneiro 2022

Sara Franco Patiño é Educadora Social Cáritas Parroquial de Riveira:

Do tempo que levo exercendo a miña profesión en Cáritas podería destacar moitas iniciativas e intervencións que realizamos acotío. Podería entrar nunha serie de reflexións profesionais e técnicas, as cales seguro que resultan moi interesantes, pero das que me apetece profundizar noutra ocasión. Hoxe, polos tempos e datas nas que vivimos, gustaríame resaltar certos momentos do día a día, esas duas ou tres palabras que decimos inconscientemente, ou os actos que realizamos desinteresadamente e que realmente non somos conscientes do impacto que pode ter na outra persoa.
Na miña rutina diaria, relacionome con diferentes perfís e problemáticas: persoas que precisan ser escoitadas, con diferentes demandas, con diferentes vidas. Persoas que acuden á nosa entidade a expoñer dúbidas, ou a facer donativos. Económicos, ou en especias. E como na miña casa me ensinaron que hai que agradecer ó que nos provén, e porque dende ben pequenos nos ensinan que é de ben nacidos ser agradecidos, sempre procuro contestar cun “grazas” dende o corazón. E polo xeral, a resposta sempre é “non, grazas a vos, pola labor que facedes”.
Polo que hoxe quero aproveitar para agradecervos cunhas poucas palabras a todas as persoas que aportades o voso gran de area á nosa labor, da forma que sea. Para axudar a quen o precisa fan falta que se xunten diferentes variables. Querer axudar tamén é unha forma de colaborar, valga a redundancia, porque para facer esto temos que contar con outra parte ainda máis importante: ter intención desinteresadamente.
Ter intención de axudar ó próximo, de abrirlle portas, de ofrecerlle oportunidades que non perpetúen a súa situación. Pese a que cubrir as nosas necesidades de alimentación e abrigo é imprescindible e primordial, a maior parte das veces que unha persoa manifesta as súas necesidades estas requiren de algo máis valioso que escasea na realidade que vivimos: o tempo. O tempo de calidade, de escoita, de acompañamento, de entendemento, de desafogo, de compartir. Tempo no que as prioridades se poñen en orden, no que cedemos e regalamos algo que non se nos pode devolver. Pero tamén tempo no que crecemos, maduramos, cambiamos, e experimentamos. E por todo isto, aproveito para agradecer a todas as persoas que conforman o noso voluntariado, ás que dedican horas e horas ó longo do ano, ás que nos ofrecen as súas mans en momentos puntuais, ás que facilitades que as novas propostas salan adiante, por sempre estar dispostos a ofrecer o máis valioso que temos ás persoas que máis o precisan.
Grazas, grazas e grazas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...