Accidente na estrada de Couso (Ribeira) por tentar evitar o condutor o atropelo dun xabaril

O Concello de Ribeira informou dun accidente de tráfico acontecido a pasada madrugada na estrada da Cerca en dirección en Couso (Aguiño). O sinistro ocorreu ás 6.11 horas, como consecuencia da manobra evasiva dun condutor para non atropelar un xabaril que, repentinamente, saíu da maleza e cruzou a calzada.

O vehículo colidiu coa súa parte dereita contra un muro de grandes pedras e terminou semienvorcado no medio da estrada. Aparentemente o condutor saíu ileso.

En torno á unha da tarde, a Brigada Municipal de Obras retirou a enorme pedra que quedou desprazada sobre o bordo da vía dada a perigosidade da mesma para a circulación, especialmente de noite.