A Xunta desenvolve dous proxectos de incubación e cría de postas de píllara das dunas e de mazarico real

01 Xaneiro 2022

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda continuará desenvolvendo durante 2022 dous proxectos co obxectivo común de contribuír á preservación das poboacións de dúas especies ameazadas, o mazarico real e a píllara das dunas, tendo en conta que no primeiro caso, a poboación nidificante está incluída no Catálogo galego e español en perigo de extinción e no da píllara, é unha das actuacións previstas no seu plan de conservación aprobado en Galicia.
Esta foi unha das cuestións que se abordaron na reunión do Observatorio galego da biodiversidade, un órgano consultivo de asesoramento e consulta no que participan, ademais de representantes da Consellería, especialistas de recoñecido prestixio no estudo e na investigación de especies terrestres e mariñas, así como representantes das tres
universidades galegas e de asociacións dedicadas á conservación da biodiversidade.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, foi a encargada de presidir a xuntanza, na que tamén se presentaron os resultados do seguimento da píllara das dunas en Galicia realizado ao longo deste ano e se deu conta da experiencia piloto para a incubación e cría en catividade de ovos recollidos de niños de mazarico real.
Neste sentido, informouse de que como resultado dos traballos de seguimento e dos labores de conservación realizados ao longo deste ano rexistráronse un total de 80 parellas de píllaras e que a tempada rematou co nacemento de 154 polos, 22 deles resultado da incubación artificial.
De feito, cómpre precisar que ademais das actuacións destinadas á protección dos niños desta especie —que se centraron sobre un total de 87, fixando parcelas de exclusión en 66 deles e colocando perímetros de protección ao redor doutros 21—, en 2021 tamén se lle deu continuidade aos programas de conservación ex situ que se veñen desenvolvendo mediante a incubación e cría en catividade.
Concretamente, estes traballos leváronse a cabo nas instalacións do Centro de recuperación de fauna de Oleiros e consistiron na incubación dos ovos de niños recuperados do medio natural debido a que tiñan poucas posibilidades de éxito pola súa situación na franxa intermareal, polo abandono ou pola elevada presión humana existente
na zona. Dos 22 polos que naceron en catividade, 21 lograron voar e se sumaron aos outros 45 que tamén o fixeron dos 132 que naceron dos niños observados.
Polo que respecta ao proxecto para a incubación e cría en catividade de postas recollidas na poboación nidificante de mazarico real en Galicia, a Consellería continuará desenvolvendo o próximo ano esta experiencia piloto, que comezou xa en 2020.
O obxectivo deste proxecto de investigación é optimizar o proceso de incubación e o crecemento de pitos en catividade de xeito que permita acadar un incremento da produtividade de, polo menos, 1,5 voantóns —é dicir, un polo que voa— por cada parella, o que suporía un aumento notable respecto das cifras rexistradas na poboación española de mazaricos reais na última década.
Neste caso concreto, o programa de incubación e cría levarase a cabo no Centro de recuperación de fauna de Cerdedo-Cotobade, co apoio e a participación de técnicos da Universidade de Santiago de Compostela e dos servizos de Patrimonio Natural de Lugo e de Pontevedra.
Neste sentido, Belén do Campo puxo en valor a implicación tanto do persoal técnico, como dos axentes medioambientais e dos vixiantes da Consellería. Así, lembrou que a preservación da flora e da fauna autóctonas forma parte do día a día destes traballadores, cuxo labor principal consiste na protección do patrimonio natural e en eliminar ou advertir dos posibles perigos e ameazas que pesan sobre o mesmo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...