326 propostas na enquisa participativa iniciada polo Concello de Ribeira para coñecer as necesidades das parroquias

17 Xaneiro 2022

O Concello de Ribeira fixo balance da actividade xerada ao abeiro da súa iniciativa para coñecer, vía web e de xeito participativo, as necesidades de cada unha das parroquias. O Goberno local salientou “a alta participación acadada” pola enquisa online.

Así, a veciñanza enviou un total de 326 propostas a través do formulario colgado na páxina web do concello, www.ribeira.gal, a través do cal, durante dez días, todos os cidadáns que así o quixeron puideron realizar as súas suxestións sobre as actuacións e necesidades que consideraban máis importantes a realizar en cada parroquia.

Agora, o seguinte paso por parte do Concello será analizar estas propostas e ver cales poderían encaixar no Plan de Obras e Servizos (POS 2022) que está previsto levar ao pleno no mes de febreiro (por un importe de 903.569 euros) ou noutros plans e proxectos a acometer no futuro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.