O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación dirixida a renovar a pavimentación da rúa da Chouza, situada na parroquia de Castiñeiras, e instalar dúas novas redes de saneamento e pluviais,
que ata agora descorrían por unha mesma canalización. A iniciativa comporta un investimento de 59.915,98€, IVE incluído.
A tal efecto vanse realizar os seguintes traballos:
Para a condución de augas pluviais disporase polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro, xunto con arquetas sumidoiro e pozos de rexistro.
Para o saneamento instalarase unha tubería de PVC lisa de 315 milímetros e pozos de rexistro.
E en canto á pavimentación demolerase o firme actual e estenderasae un novo de formigón sobre base de zahorra.
A actuación está incluído no POS+2021 e ten un prazo de execución de tres meses.
As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata o 14 de febreiro á medianoite a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
