A oposición ribeirense esixe alternativa á nova variante

28 Xaneiro 2022

A oposición de Ribeira acaba de presentar unha iniciativa conxunta para que, en sesión extraordinaria, o pleno municipal debata unha iniciativa para que se encarguen e presenten os estudos alternativos ao trazado da variante que vai executar a Xunta de Galicia.

E que, con máis ou menos énfase, rexeitan os catro grupos políticos que ofreceron na mañá deste venres unha imaxe de unidade en contra da xestión realizada ata o de agora polo Goberno municipal do popular Manuel Ruiz Rivas, ao que acusan de incumprir o acordo plenario aprobado en 2019.

Acordo que esixía que se encargasen tres estudos independentes sobre o impacto do actual proxecto de variante, que se atopan nunha avanzada fase de tramitación na administración autonómica, así como trazados alternativos que minimizasen o impacto ambiental e veciñal entre os residentes na zona afectada.

Segundo denunciaron os portavoces dos catro grupos municipais na oposición, “u alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, fixo pública a súa negativa a tratar ese asunto en pleno polo que os tres grupos vímonos na obriga de forzar un pleno extraordinario para tratalo, ante o talante anti democrático do rexedor”.

Os catro partidos políticos, PBBI, BNG, PSOE e Suma, volverán reclamar nun pleno extraordinario este luns trazados alternativos ao vial pevisto pola Xunta. R

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...