“A importancia do arrastre de fondo, exposta en Bruxelas á CE” – Antón Luaces

21 Xaneiro 2022

Supostamente, quedou claro: a pesca de arrastre española supón máis dun terzo das capturas da frota pesqueira nacional, o que a converte no motor socioeconómico da maioría dos portos pesqueiros de España. Xustifícase nos seguintes datos: a frota arrastreira deste País conta con 887 buques de arrastre, deles 779 de baixura. É dicir, o 10% do conxunto da frota pesqueira do noso país. A súa actividade xera entre 250.000 e 300.000 toneladas de peixe e marisco dun volume total de capturas de arredor de 800.000 toneladas.

Estas cifras baralláronse na recente reunión que unha alianza de organizacións pesqueiras de 14 países da UE (que representan a más de 22.000 pescadores e 8.000 buques) celebrou co Comisario de Pesca, Océanos e Medio Ambiente, Virginijus Sinkevicius, a quen manifestaron a importancia e as realidades das actividades de pesca de fondo en toda Europa.

A Comisión Europea tiña unha percepción absolutamente negativa dos efectos de determinadas artes de fondo no contexto do Plan de Acción que a propia Comisión está a desenvolver para dar unha maior protección aos recursos pesqueiros e os ecosistemas mariños no marco da Estratexia de Biodiversidade 2030 da Unión Europea. E o sector da pesca industrial puxo riba da mesa a sustentabilidade e a importancia xeral dos seus métodos de pesca en todos os Estados membros da UE, desexando claro que estas pesqueiras están ben reguladas, controladas, investigadas e amplamente certificadas.

A pesca de fondo tivo unha única voz, que foi a que expresou cal era o papel fundamental da pesca de fondo, tanto a pequena como a gran escala, para garantir a seguridade alimentaria.

Javier Garat, presidente de Europêche e secretario xeral da Confederación Española de Pesca (Cepesca), referiuse a ese significado: Un desembarco anual de máis dun millón de toneladas de peixe saudable e sustentable, o que representa arredor do 25% do total dos desembarques comunitarios. Estes, por un valor que xera case que o 40% dos ingresos totais do sector, contribuíndo á riqueza, emprego e o tecido industrial de moitas comunidades costeiras e periféricas.

No Plan de Acción da CE esta considera a introdución de certas limitacións e restricións no uso de artes de pesca de fondo, cuestións que desmontou Gerard van Balsfoort, un dos convocantes desta xuntanza ao facer mención á xestión eficaz baseada na ciencia, porque “as actividades de pesca de fondo só teñen lugar en fondos mariños limitados e de alta resiliencia, o que minimiza o impacto nos ecosistemas e recursos mariños”, como demostran recentes investigacións científicas. Demandou da Comisión unha política sobre a pesca de fondo baseada en evidencias fáctica, científica e revisada por pares e avaliacións de impacto integrais, desbotando a pseudociencia e as afirmacións sen fundamento como as relacionadas coa pegada da pesca ou as emisións de carbono do sector, para construír políticas da UE que non axudarán á saúde dos océanos nin a dos pescadores.

Os representantes da industria pesqueira anunciaron a creación da “Alianza Europrea de Pesca de Fondo” (EBFA), que representará ás frotas de pesca de fondo con sede na UE. O mes que ven será realidade esta “alianza” que pretende defender, apoiar e mostrar o medio ambiente, realidades económicas, sociais e culturais das actividades pesqueiras de fondo nas nacións pesqueiras da Unión Europea.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...