A Deputación financia a posta en marcha de dúas cooperativas dedicadas ao marketing dixital en Boiro e As Pontes

15 Xaneiro 2022

A Deputación da Coruña financiará a posta en marcha de Kracia e Iceberg 360, as dúas propostas de cooperativas gañadoras do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital. Uns galardóns organizados polo ente provincial e a Fundación Paideia Galiza.

O alumnado da formación “Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo”, desenvolta nos municipios das Pontes e Boiro, estivo organizada pola Escola de Organización Industrial (EOI), a Fundación Paideia Galiza e a Deputación, coa colaboración de Ernst&Young e dos concellos mencionados, e co financiamento do Fondo Social Europeo. 

Os mozos e mozas promotores de Kracia, Iceberg 360 tiveron ocasión de  presentar e defender os seu proxectos de cooperativas no sector do marketing dixital tras meses recibindo clases nesta formación.

Aposta provincial polo emprendemento

Despois de deliberar, o xurado seleccionou a Kracia, de Boiro, e Iceberg 360, das Pontes, como gañadoras do concurso. Ambas propostas de cooperativas recibirán agora o apoio financeiro da Deputación da Coruña para poñerse en marcha durante este ano 2022. As achegas provinciais ascenden a 60.000 euros e inclúen o pago de salarios e gastos de constitución. Ademais, durante todo este ano, as cooperativas contarán co asesoramento da consultora internacional Ernst&Young para a xestión e o desenvolvemento comercial.

Durante o encontro, o deputado de Emprego e membro do xurado, José Ramón Rioboo, destacou que “as persoas emprendedoras e empresarias son o motor de desenvolvemento económico desta provincia. Son todos eles e elas os que xeran novos postos de traballo, modernizan o noso tecido empresarial e, en definitiva, contribúen ao benestar da cidadanía e ao progreso económico.”

Unha vez máis, a Deputación presta o seu apoio a un dos colectivos máis vulnerables do mercado laboral, a mocidade, ofrecéndolles as ferramentas necesarias para que se formen nun campo con amplas perspectivas laborais como é o marketing dixital e sempre fomentando a economía social, impulsando a creación de novas cooperativas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.