A ARE recupera a súa actividade estes días logo da parada motivada pola COVID-19

18 Xaneiro 2022

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) anunciou a súa intención de recuperar a plena actividade estes días logo da parada obrigatoria motivada pola COVID-19 e, máis en concreto, por un contaxio no seo da asociación. Este mércores, sen ir máis lonxe, a ruleta de Nadal estará en Taragoña, no Campo de Pazos, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Trátase dunha actividade que se ben estaba programada para o martes 4 de xaneiro, tivo que ser adiada tras ter coñecemento dun contacto directo cun positivo por parte do persoal da ARE.

A decisión de suspender a actividade tomouse “desde a responsabilidade ante a situación actual e pensando no ben de tódolos veciños”, sinala a patronal nun comunicado, engadindo que “días despois confirmouse o positivo por COVID do noso persoal, motivo polo cal nos alegra ter acertado coa nosa decisión”.

A ARE lembra tamén a todos aqueles veciños que teñan vales para a ruleta, que “a deste mércores 19 de xaneiro é a última oportunidade para participar”, polo que a patronal roga aos que xa participaron “que garden os seus vales para o sorteo final e permitan a participación no xogo da ruleta daqueles que aínda non o fixeron”.

O sorteo final realizarase finalmente o venres 21. Os números premiados publicaranse en www.are.gal e nas redes sociais da asociación, que explica que “é importante ter en conta que xunto coa listaxe dos números gañadores publicase unha relación de números suplentes”. Isto débese a que os vales para a ruleta que obtiveran premio quedan invalidados para o sorteo final. Por este motivo, a ARE prega que “todos os que teñan números da lista, gañadores ou suplentes, contacten coa asociación”.

Con respecto aos gañadores da campaña online da Federación Comercio Rías Baixas na que está adherida a ARE e na que participaron tódolos seus asociados, a asociación pide desculpas “polo atraso en contactar con eles e confirmarlles que nos vindeiros días recibirán a nosa chamada para que poidan pasar a recoller o seu premio o antes posíbel”.

Así mesmo a patronal rianxeira informou de que nos vindeiros días retomará a súa actividade “con algunhas novidades” e que “en breve faremos público o calendario de actividades para os primeiros meses do ano”.

Outros artigos

Conta atrás para o inicio, no Araño, do Festival Hórreo Vivo

Comezou a conta atrás para o inicio da edición 2025 do Festival Hórreo Vivo, que se celebra no Araño da man da Asociación Cultural A Carballeira de Baia coa colaboración do Concello de Rianxo. Serán, en palabras da organización, "dúas xornadas con moito humor, xantar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.