A APSC homenaxeou o pobrense Victoriano García Martí

22 Xaneiro 2022
De esquerda a dereita. Luís Menéndez, Fernando Bermejo,Mercedes Rosón e Arantxa Fuentes. Foto Joferpa

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) co gallo da celebración do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, celebrou este sábado un acto de descubrimenro dunha praca conmemorativa na casa compostelana onde residiu o probrense Victoriano García Martí, exemplar xornalista e humanista galego de ampla traxectoria intelectual e prestixiio alén das nosas fonteiras. O acto tivo lugar na rúa das Orfas en Santiago.

No acto interviu o presidente da APSC, Luís Menendez, quen salientou a obra de García Martí como un gran descoñecido no xornalismo e a defensa do país.

Filósofo, ensaísta, abogado, escritor, e prolífico xornalista Victoriano García-Martí foi unha figura de alta relevancia intelectual que recibiu numeroso recoñecemento alén de Galicia, subliñadamente en Paris e Madrid, onde foi directivo do Ateneo nos tempos de Menéndez Pidal, Conde de Romanones, Azaña e Valle-Inclán, con quen compartiu tertulias e amizade.
Editor das “Obras completas”, de Rosalía de Castro e autor de numerosos traballos xornalísticos en diarios de España, Francia e Hispanoamérica, Victoriano García-Martí foi un dos discípulos máis salientables do gran filósofo francés Henri Bergson, con que compartiu aulas na universidade parisina de la Sorbonne. Foi promotor, asemade, do primeiro Congreso de Xornalistas de Galicia celebrado en Santiago, en 1921, como salientou o presidente da APSC-FAPE, Luís Menéndez.

O presidente da Asociación lembrou que o longo deste ano seguirán os actos de homenaxe na súa vila natal, actos aprazados pola situación de pandemia. Posteriormente interviú a profesora da USC, Arantxa Fuentes Rios, autora da biografía de Victoriano García Martí quen calificou o pobrense de ser unha figura inxustamente esquecida. Tamén interviron o sobriño neto do escritor Fernando Bermejo e a Concelleira Tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón.

Intervencións no acto homenaxe a Victoriano García Martí en Santiago de Compostela

A obra “Por los caminos del siglo XX. Obra periodística olvidada (1914-1963)” recolle unha serie de artígos do escritor de A Pobra do Caramiñal, Victoriano García Martí. Trátase dunha recopilación feita por Arantxa Fuentes Ríos, profesora asociada en la USC e doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. A obra publícouse baixo unha coedición entre o Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora integrando tanto a Biblioteca Literaria do Consorcio como a Colección Rescate de Alvarellos.

Victoriano García Martí, naceu na Pobra do Caramila en 1881, estudou Dereito, en Santiago de Compostela e realizou o doutoramento en Madrid. En 1911 realizou, pensionado pola Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións Científicas, estudos de socioloxía na Universidade da Sorbona de París con Durkheim e Bergson.​

En París relacionouse co gran mundo, entre outras a mademoiselle Lutoslawsky e a Sofía Casanova, poeta galega devida aristócrata por matrimonio.

A súa vida estivo integramente dedicada ao cultivo das letras. Cultivou con acerto todos os xéneros literarios. Destacou con todo como ensaísta, campo no que alcanzou un gran relevo.

En 1965 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Española. Tamén foi membro correspondente da Real Academia Galega. Faleceu en Santiago de Compostela o 7 de xullo de 1966.

No acto participaron numerosos xornalistas e persoas relacionadas co mundo da cultura e da política santiaguesa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

“Galicia, en el buen Camino turístico”. Alberto Barciela

En el turismo hay una característica administrativa que hace muy peculiar a Galicia: la dependencia directa del Presidente, y así ha sido con Manuel Fraga y los es con Alfonso Rueda. Desde que el León de Vilalba, un hombre que puso a la España autárquica de Franco en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.